Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

Coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos) os próximos luns e martes, 22 e 23 de maio, realizaremos unhas charlas/obradoiro en tres institutos de Vigo.

  • Luns 22
  • Martes 23
    • Pola mañá estaremos no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

A temática das charlas vai ser OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, coñeceran de primeira man as vantaxes da información xeográfica e o proxecto OpenStreetMap, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.

Tralo remate de cada charla/obradoiro, as rapazas e os rapaces terán a encomenda de ir aportando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Deixarémoslles a todas e todos un chisco de traballo, xa que preparamos un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante esas dúas semanas consigan ser os que máis achegas fagan a OSM no seu centro.

Temos que agradecer a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado.

Coa colaboración de:

Xeoinquedos

Logo xeoInquedos.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.