Vostede está aquí

Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo e III

Nesta nova, facemos un resumo da actividade feita nos IES de Vigo.

Descrición

Programa adicado a facer que o alumnado de ensino medio coñeza, nun principio, o proxecto OpenStreetMap e animalos a colaborar na súa edición. Para elo contamos coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos).

Este programa constou de dous ciclos, un primeiro realizado os días 22 e 23 de maio (luns e martes), nos que se fixeron unhas charlas/obradoiro en tres institutos de Vigo.

Luns 22

Pola mañá estivemos no IES Alexandre Bóveda, sito na rúa Cuntis s/n 36209 (Coia)

Pola tarde estivemos no IES do Castro de Vigo, sito na rúa José Gómez Posada Curros, nº 1 - 36203 (O Castro)

Martes 23

Pola mañá estivemos no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

As charlas orientaranse cara a explicación de en que consiste o proxecto OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.

Tralo remate de cada charla/obradoiro, fíxoselle as rapazas e rapaces a encomenda de ir aportando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Deixámoslles a todas e todos un chisco de traballo, xa que preparamos un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante as próximas tres semanas conseguiran ser os que máis achegas fixeran a OSM no seu centro.

A volta de 21 días, concretamente o luns e o martes 12 e 13, pasamos de novo polos centros de ensino, a fin de que nos consultasen calquera problema que tiveran durante o cartografado ou rexistro dos PoI, e facerlle entrega as persoas gañadoras do seu agasallo e dun diploma conmemorativo.

Temos que agradecer non só a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado, Senón tamén a implicación do mestrado facendo actividades na aula tendentes a reforzar a nosa acción de promoción.

Documentación

A documentación elaborada polos distintos profesores/directores dos obradoiros, está aloxada neste mesmo wiki e no GIT de Xeoinquedos

Asistencia

Datos finais

Total de editores Conxuntos de cambios Cambios no mapa
59 1 071 10 744

Difusión

Facebook do IES A Guía

Blog de tecnoloxía do IES Alexandre Bóveda

Imaxes

OSM IESoCastro.jpg OSM IESaGuía-ent-premio.jpg OSM IES Diplomas.jpg

Coa colaboración de:

Xeoinquedos

Logo xeoInquedos.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.