Comeza o 3º ciclo dos Sábados Libres na Altamar

Xaneiro, 31 ─ Programación de Arduino & Arduino Connect

O obradoiro estará dirixido por Guillermo Cordeiro, socio de GALPon e técnico de sistemas.

Mapa (OSM) no que situar a Residencia Altamar

Contido:
1.- Presentación da plataforma de hardware libre Arduino.

2.- Iniciación ao entorno de programación «procesing».

3.- Realización dos distintos exemplos dispoñíbeis na páxina de Arduino.

  • Escritura nunha saída dixital (acender un led)
  • Lectura nunha entrada dixital (probas cun premedor)
  • Lectura de valores analóxicos (sensor de temperatura lm133)
  • Escritura PWM nunha saída dixital (facer soar un zumbador)

4.- Titorial das diferentes «shields» que existen para Arduino.

5.-Exemplos de proxectos que se apoian nesta plataforma.

  • Proxecto RepRap
  • PrintBot
  • QuadCopters.
  • Openpipi
  • Micro satélites.
  • Opendomo / CanBus
  • Lottie Lemon

7.- Integración con outras plataformas

  • Android
  • Raspberry

A organización disporá de elementos Arduino para as prácticas por parte dos asistentes, mais, quen queira, poderá levar o seu propio material.

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Inscricións:
Aínda que a asistencia é de balde, a fin de poder respectar a capacidade máxima do espazo e prever os medios técnicos, é OBRIGATORIO inscribirse no correspondente formulario

Podedes seguir a evolución no «evento» no G+

Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado (en fase de propostas) coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no (futuro) Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.