Curso sobre Gambas

En GALPon temos no maxín organizar un curso sobre Gambas (ollo, o programa libre alternativo a Visual Basic, non ás que se fan na prancha)
Se estas preto de nós e tes algún interese, agradémosche que nos botes unha man cunha enquisa previa a que nos poñamos na tarefa de artellalo.
http://goo.gl/j3LBix
Curso de GAMBAS 3... si, Mais que é GAMBAS?
Gambas é unha linguaxe de programación libre derivada de BASIC (de aí que Gambas quere dicir Gambas Almost Means Basic). É distribuído con licenza GNU GPL. Cabe destacar que presenta certas semellanzas con Java xa que na execución de calquera aplicativo, requírese dun conxunto de bibliotecas interprete previamente instaladas (Gambas Runtime) que entendan o «bytecode» dos aplicativos desenvolvidos e que o convertan en código executábel polo computador. Por outra banda, a diferencia de Java, non se experimentan ralentizacións e é posíbel desenvolver grandes aplicativos en pouco tempo. Permite crear formularios con botóns de ordes, cadros de texto e outros moitos controis e ligalos con bases de datos como MySQL, PostgreSQL ou SQLite ademais de facilitar a creación de aplicativos moi diversos como videoxogos (utilizando OpenGL), aplicativos para dispositivos móbiles (en desenvolvemento mais moi avanzado), aplicativos de rede (con manexo avanzado de protocolos HTTP, FTP, SMTP, DNS), entre outros.