Día da Liberdade dos Documentos 2014

Comezamos a camiñar cara ao:

ás 10:45h

no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo

Contaremos coa presencia do Técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez (@pisicobyte_) para falar sobre «A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación»

Esta conferencia vai dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, doutorandos, investigadores ... e a todo o público interesado na Cultura e nos estándares Libres.

A seguir teremos un debate aberto sobre a tese da ponencia.

Desde as 11:00 ata as 14:00 teremos un obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo) a cargo da OSL-CIXUG e dos voluntarios do GRUVI

Seguide a actualidade desta actividade no noso wiki

«Evento» no G+

Todo o material gráfico que imos traducindo|adaptando|facendo para este día podedes descargalo (incluídos os .svg) do noso repositorio

Nota: Se estás máis ao norte e non podes asistir a esta actividade, recomendámosche que asistas a algunha das que organiza GPUL

Coa colaboración de:

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo)

Logo-ETS-Telecom.png

Oficina de Software Libre da Universidade de Granada

Logo-osl.png

Oficina de Software Libre das Universidades Galegas

Logo-cixug-sl.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Logos-xunta-2013 alfa.png