FAQ ─ Preguntas frecuentes de usuarios noveis de GNU/Linux

Queres instalar un «linux» no teu equipo e non sabes como facelo?

Queres ter iconas no escritorio e non atopas o xeito de facelo?

Non te afás co escritorio que instalaches de inicio e queres cambialo?

Tes un feixe de accesos a servizos e non sabes como administrar os contrasinais?

Non das conectado o teu telefono co escritorio?

Non sabes como instalar e configurar o teu DNIe?

Gustaríache conectar un dispositivo Bluethooth e non sabes como?

Necesitas facer un traballo e non sabes que paquete usar e como instalalo?

Queres retocar unhas fotos pero non sabes como se fai nun contorno GNU/Linux?

Necesitas facer un vídeo e non sabes por onde comezar?

Estas preguntas e moitas outras máis, son frecuentes nos noveis no emprego de GNU/Linux, se es un deles e tes algunha dúbida no emprego dalgún S.O. baseado en GNU/Linux, trae o teu equipo e nós tentaremos solucionar as túas dúbidas. Incluso se as túas dúbidas son complexas atoparemos o xeito de axudarte.

De canda en vez faremos mini obradoiros de manexo de ferramentas ou de configuracións específicas. Isto será baixo demanda, e dicir, se vos nos indicades que temas vos interesan, nós prepararemos eses pequenos «cursiños».

Estaremos ao voso dispor no local de A Industriosa, Rúa Barcelona 13 ─ 36203 Vigo, todos os segundos martes de cada mes a partires das 19:00 horas (7 da tarde).

Recomendamos que nos adiantedes as vosas consultas no correo faq@galpon.org, así, se é preciso, podemos levar preparada a mellor solución.

Próximas datas: 12 de marzo, 9 de abril, 14 de maio, 11 de xuño

Podes seguirnos por Twitter (@galpon), na canle de Telegram (@galpon) ou entrar na sala de conversas en Matrix (#galpon:matrix.org)

Ir ao mapa a pantalla completa

Coa colaboración de «A Industriosa»