GALPon cumpre 18 anos

Por fin acadamos a maioría de idade, tralo noso nacemento como asociación en defensa da liberdade do software e a cultura libre o sábado 16 de novembro de 2002, da man dos socios fundadores:

Eduardo Díaz (aka ediaz)
Bruno Seoane (aka bleedingE)
J. A. Salgueiro (aka bit0)
Roberto Gonzalez (aka ?)
Carlos González (aka charly)
Antonio J. Fernandes (aka koge)
Carlos Rodriguez (aka capri99)
Pablo Ferreira (aka kdc)
M. Felipe Gamallo (aka manuf)
Jesús Villaverde (aka roadrunner)
Javier Garaloces (aka garaloces)
Sergio Costas (aka raster)
Javier Moure (aka mentor)
J. Antonio Ínsua (aka ungoliant)

 

Agardamos o voso apoio para seguir adiante, e unha vez superado este bache, retomar as actividades con todo o labor que aínda temos na reserva.

Parabén a todos os socios, pasados e presentes e feliz aniversario.

Grazas.

Miguel A. Bouzada
Presidente