Unha Geocamp é unha xeo-desconferenza, un evento onde todos os participantes toman un papel máis activo dentro da creación do evento. Ten a súa orixe no concepto de Barcamp. É un día para o intercambio de experiencias, coñecementos e valores arredor de todo aquelo que teña que ver coa temática XEO e non tan XEO.
Na edición do ano 2013 máis de 50 persoas xuntáronse na localidade de Bouzas (Vigo), chegados de varios puntos de España e mesmo dende Estado Unidos, procedentes de entidades públicas, empresas punteiras no sector XEO a nivel mundial, administracións, freelances, etc...
O vindeiro 21 de xuño, celebrarase na Coruña a segunda edición da versión española da Geocamp. Un evento que xira arredor das tecnoloxías da información xeográfica e que ten un formato de desconferenza, sen programa previo, onde os propios asistentes definen o contido do mesmo.
O escenario elixido para esta edición é A Casa Tomada, un centro social de intervención artística, situado nun antigo almacén da estación de tren de A Coruña, reconvertido como un espazo onde desfrutar de espectáculos de calidade artística e para compartir cultura e coñecementos.
Este ano contarase de novo coa participación de empresas e organizacións de ámbito local, nacional e internacional, con gran importancia dentro do panorama XEO, o que permitirá aos asistentes, poder aprender, coñecer e compartir iniciativas arredor do mundo da información xeográfica. Polo momento confirmouse a presenza de Vizzuality, creadores de CartoDB, empresa punteira na visualización de datos xeográficos con sedes en Madrid, Nova York e Berlín. Glob3 Mobile, empresa a cabalo entre Cáceres e Washigton, especializada na visualización 3D. Algún membro do Board da Fundación OSGeo, así como de OSGeo Portugal. E incluso a participación de ESRI España, quen virá a falr da sua aproximación ao software libre.
A Geocamp ES está organizada pola agrupación Xeoinquedos e a asociación GHANDALF, contando coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) a través do convenio subscrito entre esta e as asociacións galegas de usuarios de software libre, para o desenvolvementos do software libre en Galicia.
LIGAZÓNS:
- Log in to post comments