Vostede está aquí

I Xornada «abeancos.gal»

Os días 8 e 9 de xullo, terá lugar en Melide a I Xornada «abeancos.gal».

O proxecto «abeancos.gal» nace no ano 2016 a partir dunha réplica doproxecto «aculturadaauga.org», creado pola Comunidade O Zulo de Mugardos. Neste caso, o obxectivo foi crear un catálogo dixital e aberto de elementos patrimoniais localizados na área da Comarca da Terra de Melide.

Despois de máis dun ano de traballo, e grazas ao esforzo dos voluntarios e do equipo de traballo liderado por MeLiSA e o Museo da Terra de Melide, poden consultarse os datos de preto de 100 elementos, cifra que se alcanzará nos próximos días.

O sábado van ter lugar diferentes actividades, tanto de carácter técnico como divulgativo daquelas ferramentas que se están a empregar en «abeancos.gal». E o domingo, está programada unha visita guiada a diferentes elementos que xa foron catalogados, e que se atopan no Concello de Toques.

Unha fin de semana onde se darán cita diferentes colectivos que aportarán o seu coñecemento e colaboración ao proxecto, como XeoInquedos, Galpon e Xeopesca.

O programa preliminar é o seguinte:

Lugar: Telecentro Clun (Coop. Melisanto). A Codeseira. Localización

Sábado, 8 xullo:

  • Grupo de traballo OpenStreetMap
  • Grupo de traballo para documentación
  • Grupo de traballo Drupal

Domingo, 9 xullo:

  • Excursión a Toques (San Antolín e A Moruxosa). Visita guiada por Cris e Xurxo (Museo Terra de Melide)