IV Noite Drupal & GNU/Linux

É un pracer confirmar a celebración da “IV Noite Drupal & GNU/Linux” que se desenvolverá no local da Asociación Cultural Ociorum na Coruña o vindeiro 24 de marzo de 2012.

Nesta cuarta edición decidimos ampliar e flexibilizar os horarios así como “abrir” o evento a tódolos niveis e persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre. Coa colaboración de GALPon (Pontevedra), Asociación Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e Asociación Ociorum (Coruña) estamos a crear un grupo de usuarios galegos de Drupal.

As #noitedl xurden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta dos citados GUL e asociacións. En Xullo de 2011 baixamos a Vigo e en decembro xunto aos nosos amigos de Inestable Drupaleamos en Ordes. 
 

Inscrición

  • A inscrición ao evento é libre e de bade. Por motivos organizativos debes inscribirte no seguinte formulario. [Inscribirse]

Obxectivos

  • Crear un espazo dinámico de referencia de innovación,dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
  • Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
  • Crear un colectivo ou "comunidade" itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.

Programa

Mañá   [11:00 - 14:00]

  • Achégate a coñecer o mundo Drupal e GNU/Linux. Parte da comunidade galega de Drupal estará presente para guiarte nos teus primeiros pasos!

Tarde  [16:00 - 20:00]

  • Charla “Ecosistema Drupal” -> @quicoprol
  • Charla “Localización en Drupal” -> @mbouzada
  • Charla “Openlayers” -> @jcartelle
  • Charla “Mellorando o rendemento en Drupal 7” -> @apermuy

Noite  [22:30 - Fin]

  • Será o momento de falar , programar , compartir , desexar , construir , hackear , aprender , optimizar , ensinar , etc , ... todo con Drupal como protagonista.

 

Como chegar

Localización: C/Panaderas 20-22 1ºC , A Coruña [Mapa : http://g.co/maps/kgbu ]
En autobús de estación A Coruña: http://g.co/maps/qac7b
Atento/a!: Revisa as roldas de correo do grupo de usuarios/as Drupal (https://groups.google.com/group/drupal_gl ) , é probable que alguna persoa da túa vila ou cidade veña a #noitedl....
 

Quero aprender! Quero compartir! Quero ensinar!

Estamos convencid@s de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para a o desenvolmento dunha sociedade libre e xusta. Asiste ó evento! Queremos ensinar! Queremos compartir! Queremos aprender!