LekitOS - Unha personalización extrema de MiniNo Ártabros para ensino secundario.

Son Santiago Camblor, profesor de tecnoloxía do IES Pedro de Tolosa de San Martín de Valdeiglesias (Madrid). Gustaríame compartir a personalización que fixen de minino artabros 2.0. que esta pensada para trabllar co alumnado de secundaria.

Na ESO e bacharelato temos que usar unha cantidade moi grande de programas. Cada vez que tiña que instalar un equipo novo ou restaurar un vello, investía moito tempo. Agora, con este DVDlive teño un equipo perfectamente operativo en media hora da que só me teño que ocupar os 5 primeros minutos.

Algunhas das características deste «sabor» de minino:

Usuarios:

Ten dous usuarios:

O administrador chamado minino e con contrasinal minino (isto hai que cambialo, por suposto)

Un usuario chamado alumno con contrasinala alumno que é un usuario conxelado. Isto é, cando se pecha a sesión borranse todos os cambios que se fixeron, incluidos os ficheiros gardados. Se se desexa que os alumnado poida guardar documentos hai que crear algún usuario novo ou ben gardalo nun servidor vía ftp. Esta é a solución que escollin.

Se se quere modificar permanentemente o usuario alumno abonda con executar «sudo fijausuario alumno» desde o terminal

Se se crea un novo usuario, aparecerá coa configuración inicial do usuario alumno, mais non estará conxelado. Se se quixera conxelalo hai instruccións para facelo dentro do cartafol de software que ten o usuario minino.

Software destacado:

Gráfcos: Gimp (tratamento fotográfico), draw (debuxo vectorial), inkscape (debujo vectorial), librecad (debuxo técnico)
3D: Freecad (deseño 3D), openscad (deseño 3D), RepetierHost (impresión 3D con slic3 integrado-laminador-), Blender (edición de vídeo 3D)

Oficina: libreoffice, evince (visor pdf), klavaro (mecanografía)

Electrónica: kicad (editor de circuitos impresos), logisim (simulador de circuitos lóxicos)

Robótica: LinAXEpad (programador do entorno picaxe), IDE arduino (programador do entrono arduino), S4A (scrtach para arduino), blokly (programación por bloques para picaxe con simulador integrado)

Programación: Processing, ipython

Edición html: bluefish, kompozer

Navegadores: Icewasel, chromium, arora, konkeros, midori

ftp: filezilla, gftp

Sonido: audacity (edición de son multipista)

Música: musescore (editor de partituras), LMMS (programa de composición con sintetizadores de son, Hydrogen (máquina de batería), rosegarden (secuenciador midi)

Video: openshot (editor de vídeo), VL (visor de vídeo)

Wine (emulador de windows) con  fluidsim -demo- (simulador de circuitos pneumáticos) e editor picaxe (o mesmo que linAXEpad pero para windows, coa vantaxe de que tien un simulador integrado moi bo).

Otros: baobab (analizador de disco), Virtualbox,  lxmed (editor de menú lxde)

E o mellor:

Personaliza un equipo ao teu gusto, executa «sudo makelive» e terás a túa ISO lista para ser levada a un DVD ou a un pendrive USB

Descargas:

Ligazón de descarga da ISO: minino-lekitos.iso

Ligazón de descarga do ficheiro de suma de comprobación: minino-lekitos.md5