LIBRECON 2022 e My Public Inbox

Como ben saberedes, os vindeiros 15 e 16 de novembro celébrase en Bilbao a edición 2022 da LIBRECON, que foi considerada herdeira da Libre Software Wold Conference e que está organizada pola «ESLE» (Asociación de Empresas de Software de Euskadi) que foi (tal e como din eles na súa web) impulsada por «19 empresas vascas que basean o seu negocio no software libre e fontes abertas (open source)».

Segundo reflicten na web do evento, «LIBRECON está organizado por ESLE, a asociación de empresas de tecnoloxías libres e coñecemento aberto de Euskadi».

Visto o anterior, chamounos a atención a presencia de «My Public Inbox» baixo o epígrafe powered by que non entendemos ben a que se refire. Así que puxémonos a fedellar un pouco e vimos unha serie de cousas que, nós, limitámonos a presentarvos e que, como dicían nun programa de TV, estes son os datos, vosas as conclusións.

Tras inscribirnos no evento, podemos acceder ao representado na seguinte captura.

Librecon2022-mypublicinbox_1

Na web de My Public Inbox:

Librecon2022-mypublicinbox_2

As capturas a seguir foron obtidas buscando nas webs de infomación de empresas, que obteñen os datos dos rexistros públicos.

Só salientar que vemos que en «My Public Inbox» participan, entre outras, persoas vinculadas directamente con Telefónica España e con Microsoft.

Librecon2022-mypublicinbox_3

Librecon2022-mypublicinbox_4

Librecon2022-mypublicinbox_5

Como non, A Xunta directiva de GALPon quere mollarse e expoñer a súa opinión:
A nosa conclusión é que o interese desta empresa está, en primeiro lugar na «popularización» da súa moeda virtual «Tempos», para iso convidan a todo o mundo a ter a súa caixa do correo con eles. Porén temos tamén a sensación de que o que realmente lles interesa é obter os datos de contacto da xente vinculada ao mundo da tecnoloxía «aberta» e dos eidos afíns, e sospeitamos que non precisamente para favorecer o «open».
Visto isto no entorno dun evento que se vende como «tecnoloxías -e outras herbas- open», onde agardamos un rexistro de participantes limpo, sen dúbidas de venta/compartición de datos, etc, déixanos cunha sensación estraña no corpo, como de lixeiro «vacile».