Vostede está aquí

Mapas libres na web a partires de 0

Creando e integrando un mapa dinámico (Slippy Map)

Unha vez máis, en GALPon estamos a artellar un obradoiro especializado dirixido, pero non de xeito excluínte, a desenvolvedores e editores web.

Cada vez máis é necesario integrar algún mapa na web, ven sexa algo simple como indicar unha localización/posición ou capas descritivas dunha actividade humana, meteorolóxica, xeográfica, etc...

O máis frecuente e recorrer ao mapa privativo de Google Maps co uso da súa API para integrar mapas nas publicacións.

A nosa intención e que os desenvolvedores e o público en xeral poidan dispoñer de habilidades que lles permita usar os recursos libres actualmente dispoñíbeis, maiormente baseados en Open Street Maps, pero non só.

Unha das mais empregadas pola súa sinxeleza é Leaflet. Leaflet converteuse nos últimos anos nunha das alternativas mais empregadas para crear mapas interactivos con JavaScript, a súa biblioteca é pequena polo que é recomendábel para aplicacións móbeis.

leaflet-mapsLeaflet, é un proxecto moi sólido que dispón dunha documentación moi completa, isto faino unha alternativa moi apreciada polos noveis, conta tamén cunha comunidade moi activa en internet, onde comparten información e exemplos.

Outra alternativa é OpenLayers3. OpenLayers é unha biblioteca JavaScript liberada baixo a licenza BSD para compor mapas dinámicos. Forma parte dos proxectos da Open Source Geospatial Foundation. Xunto con GeoExt é a combinación perfecta para crear unha aplicación «web mapping».

Deste obradoiro faremos dúas edicións, cada unha terá unha duración de 6 horas, tres de mañá e tres de tarde, celebraráse en Vigo en dous sábados ainda por determinar en datas comprendidas entre o 8 de setembro e o 20 de outubro, e, como sempre, serán de balde e de libre acceso ata o límite de prazas e con inscrición obrigatoria.

Aínda que non temos pechadas as datas nin o lugar, podedes ir facendo a vosa (pre)inscrición a fin de reservar praza e escoller edición xa que as prazas estarán limitadas a 20 por edición.

https://goo.gl/forms/ntfLTNdkyNLgtqnD3

Nota: ambas as edicións serán iguais, facemos dúas só para dar cabida a máis asistentes.

Dirixirán o obradoiro:

Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos

Nota: iremos actualizando a información. Como xeito inmediato para obter as novidades apuntate á nosa canle en Telegram (https://t.me/galpon), podes tamén seguirnos en twitter (@galpon) ou falar con nós na sala de GALPon en «matrix» #galpon:matrix.org (por exemplo emregando Riot)