Etiquetas
Despois dunha semana desde a liberación da GALPon MiniNo 2.0 Ártabros, comprobamos a magnífica acollida que está a ter en Distrowatch. Para nosa sorpresa, cumpridos os 7 primeiros días, vemos que ocupa a posición 6 de distros máis visitadas.
Agardamos que estea á altura da curiosidade espertada e que sexa de utilidade para dar unha nova vida en liberdade aos equipos velletes :-)
Links de descarga
- Log in to post comments
- Log in to post comments
Boas, atopei esta distro rebuscando por unha distribución lixeira para o meu equipo, PIV 3GHz, e agradoume moito ver unha en galego e aínda por riba da miña terra, en Pontevedra.
Pero atopome que os enlaces de descarga non funcionan, e que en distrowatch direccionan a eses mesmos mirrors, de descarga.
Agardarei a que o arranxedes para poder descargalo.
Un saúdo.