Sábados Libres na Altamar ─ Programando con Python e Glade, casos prácticos

Neste 2º Obradoiro adicado á POO e dirixido tamén por Sergio Costas (aka rastersoft) Desenvolveremos a seguinte actividade:

Presentaránse algúns casos prácticos, de mais sinxelo a máis complexo, e os asistentes deberán realizar a programación correspondente a cada caso.

Esta será unha sesión eminentemente práctica na que os asistentes desenvolveran as seguintes propostas:

  • Xanela que presente os distintos tipos de apagado duns sistema e aplique a acción seleccionada
    • Apagar
    • Saír da sesión
    • Hibernar
    • Suspender
    • Cancelar
    • Aplicar/Confirmar ( a acción)
  • Xanela para obter os datos de filiación dunha persoa
    • Nome / Apelidos
    • DNI (contemplar outros tipos de documento)
    • Enderezo postal
    • Enderezo electrónico
    • Teléfono
    • Campo de «Notas»
  • Aplicar, sobre a base anterior os seguintes cambios
    • Xerar campos duplicados a fin de poder gardar datos correspondentes a actividade profesional, tales como enderezo, teléfono, etc... do centro de traballo.
    • Xerar unha xanela que permita extraer a ficha dunha persoa segundo un dato coñecido (vinculado á práctica anterior)

Rematadas as prácticas anteriores farase unha iniciación a

  • «Gettext_izar» en Python e Python+Glade (aplicar métodos de «i18n» e «l10n» para facer traducíbel o programa/script)

(Este punto será dirixo por Miguel Anxo Bouzada, membro de Proxecto Trasno)


NOTA: Os asistentes deberán levar instalo no seu sistema o seguinte:

gtk+3.0, pygtk, python3, glade, libglade,gobject-introspection, gettext, intltool

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Inscricións:
Aínda que a asistencia é de balde, a fin de poder respectar a capacidade máxima do espazo e prever os medios técnicos, é OBRIGATORIO inscribirse no correspondente formulario

Podedes seguir a evolución no «evento» no G+

Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Esta actividade, así como o ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.