No corazón da UNESCO atopase a construción de sociedades do coñecemento, pacíficas, democráticas e inclusivas en todo o mundo. O acceso universal á información é unha das condicións fundamentais para acadar sociedades do coñecemento a nivel mundial. Esta condición non é unha realidade en todas as rexións do mundo.
A fin de axudar a reducir a fenda entre os países industrializados e os da economía emerxente, a UNESCO decidiu aplicar unha Política de acceso aberto ás publicacións, facendo uso dunha nova dimensión do intercambio de coñecementos, o «acceso aberto».
Acceso aberto significa o libre acceso á información científica e o uso sen restricións dos datos electrónicos para todos. Co acceso aberto, os prezos e dereitos de autor caros xa non serán obstáculos para a difusión do coñecemento. Todo o mundo é libre de engadir información, modificar os contidos, traducir textos a outros idiomas, e difundir unha publicación electrónica completa.
Para a UNESCO, a adopción dunha «Política de Acceso Aberto» significa facer dispoñíbeis milleiros das súa publicacións libremente ao público. Por outra parte, o acceso aberto é tamén unha maneira de fornecer ao público unha visión do labor da Organización, para que todo o mundo sexa quen de descubrir e compartir o que esta a facer a UNESCO.
Pode acceder e utilizar os nosos recursos de forma libre premendo aquí.
Isto é unha tradución de: http://en.unesco.org/open-access/about
- Log in to post comments