Visita ao esLibre 2023 en Zaragoza

Co gallo da esLibre 2023, dous membros da directiva e un socio de GALPon desprazáronse, os pasados 12 e 13 de maio, ata Zaragoza a fin de colaborar na edición deste ano. O encontro produciuse no centro Etopia onde se dispuña dunha planta completa dedicada a esta organización. 4 aulas, unha sala de organización e un amplo ástrago onde estaban presente dúas empresas colaboradoras (Slimbook e Vant), asemade empregouse tamén o Salón de actos para os actos de apertura e peche.

Trala celebración en Vigo, o pasado ano, do Congreso esLibre, GALPon forma parte do comité organizador do mesmo, de feito, os equipos organizadores locais, Migasfree e Vitalinux, foron contactados por GALPon, por mor da relación qure manteñen ao formar parte dun grupo no que GALPon entrou nos tempos nos que desenvolvíamos a MiniNo. Nun principio a organización local ía estar composta pola Oficina de software libre da Universidade de Zaragoza mais, no último momento, abandonaron o proxecto e tivemos que buscar solucións de xeito urxente; os grupos locais conseguiron a colaboración do centro Etopía e o Concello de Zaragoza.r

O programa, no que había unha importante representación galega, foi moi ambicioso con un elevado nivel de calidade nas propostas, recomendámosvos, a todos os que non puidestes asistir, que lle botedes un ollo aos vídeos (cando estean dispoñíbeis) dos distintos relatorios e obradoiros. Lembrade que nos horarios podedes acceder ao detalle de todas as intervencións.

De volta na casa, comezamos xa a colaborar na edición de 2024.

 

               Logotipo amtega

 

Este actividade foi parcialmente subvencionada  pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ao abeiro do programa de subvencións publicada no DOG Núm. 157 o luns 21 de agosto de 2023.