20 aniversario de GALPon

Xa son 20 aniños, dise moi facilmente, pero non foi doado sempre. Sempre con gañas e convencidos do que queriamos, defender a liberdade , primeiro no software e posteriormente axeitando os nosos propósitos ás novas correntes que aparecían de liberdade, no hardware, na cultura, na ciencia, etc.

Podes ver no noso Wiki un resumo de como foi a nosa vida após aquel sábado 16 de novembro de 2002 no que naceu GALPon da man dos socios fundadores:

Eduardo Díaz (aka ediaz)
Bruno Seoane (aka bleedingE)
J. A. Salgueiro (aka bit0)
Roberto Gonzalez (aka ?)
Carlos González (aka charly)
Antonio J. Fernandes (aka koge)
Carlos Rodriguez (aka capri99)
Pablo Ferreira (aka kdc)
M. Felipe Gamallo (aka manuf)
Jesús Villaverde (aka roadrunner)
Javier Garaloces (aka garaloces)
Sergio Costas (aka raster)
Javier Moure (aka mentor)
J. Antonio Ínsua (aka ungoliant)

 

Agardamos o voso apoio para acadar o cuarto de século, só son 5 aniños, pero sen vos non iremos a ningures..

Parabéns a todos os socios, pasados e presentes e feliz aniversario.

Grazas.

Miguel A. Bouzada
Presidente