2ª xornada dos «Sábados Libres na Altamar»

Unha vez máis, en colaboración coa Asoc. Xuvenil Altamar e grazas á cesión de espazos por parte da Residencia Altamar, poñemos en marcha a 2ª xornada dos Sábados Libres na Altamar.

Xuño, sábado 29

Páxina do evento en G+

Lugar:

Residencia Altamar
Ver mapa en Google Maps

 

Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30


RaspberryPi, outro concepto de computador

 

Introdución:

Presentación da plataforma, diferencia de versións
Uso básico de RaspberryPi, Raspbian e Pidora

Tema 1:

Creación dun Cluster de computación con varias RaspberryPi

Tema 2:

Instalación dun NAS «OMV» en RapberryPi

Tema 3:

Instalación dun Centro multimedia en RaspberryPi

Por mor da dispoñibilidade de espazo e en previsión dun exceso de aforo, o que faria moi dificil o seguimento do obradoiro, para esta actividade será preciso formalizar unha inscrición na correspondente folla de inscricións.
Asemade, agradecemos que os que vos inscribades ou pensedes facelo, indiquédelo na páxina do «Evento en G+» nas opcións «Si» ou «Quizais» da consulta «Vas asistir?»

Podedes ver a programación completa (e as actualizacións que puideran producirse) no noso wiki

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.