Aberto o rexistro de asistencia ao Congreso esLibre

banner_portada_2022_gl

Unha vez rematado o proceso de presentación de relatorios, podes coñecer cales foron os aceptados nesta páxina. Coa mesma, abrimos o rexistro de asistentes ao que podes acceder aquí para rexistrarte. O único que che pedimos é que, ademais, marques, neste formulario, que obradoiros son os que che interesan, para así axudarnos a organizar mellor os espazos dispoñíbeis.

Se o precisas, sería tamén conveniente que rexistraras a necesidade de coidado de criaturas, para que poidamos organizarnos nese eido.

Para nós é moi importante que fagades o rexistro e que cubrades o formulario, xa que iso nos permite, entre outras cousas, programar as distintas actividades nas salas máis axeitadas e definir mellor as infraestruturas. No caso do servizo de coidados, temos que prever o espazo e o persoal, non podemos agardar á última hora se queremos dar un servizo axeitado (este servizo é fornecido polo MARCO).

Nos próximos días iremos confirmando máis detalles e agardamos ter logo a folla cos horarios.

Se precisas detalles sobre como chegar, ver un mapa de situación, e outras informacións de interese, podes ver a páxina de información xeral de  esLibre

 

"logotipo Xunta Galicia"

Este congreso forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2022 da Xunta de Galicia.

 

Coa colaboración de: