Que é Akademy-es?
Akademy-es é o encontro anual de desenvolvedores, colaboradores e usuarios de KDE en España, celebrase dende o ano 2006 en distintas cidades do territorio español e con esta chegarase á décimo cuarta edición.
Onde se celebra este ano?
Este ano Akademy-es 2019 celebrarase en Vigo, concretamente no MARCO (Museo de Arte Contemporáneo), do 28 ao 30 de xuño, organizado por KDE España e por GALPon.
O seguinte mapa amosa a información da localización de Akademy-es, así como outra información de interese das inmediacións:
Ver o mapa a pantalla completa
Colabora e participa!
- Asiste á Akademy-es: En KDE gústanos coñecer ás persoas que empregan e teñen interese no software libre, especialmente no desenvolvido por KDE, así que non podes faltar á Akademy-es! O rexistro abrirase ao público o día 29 de abril.
- Patrocina o evento: Akademy-es é unha oportunidade única para darte a coñecer e coñecer xente, así que si pertences a unha empresa no dubides en patrocinar o evento. Proximamente publicaremos as modalidades de patrocinio.
- Presenta a túa proposta de relatorio: Queres amosarnos o teu novo proxecto? Hai algo no KDE ou no Qt que teña cambiado a túa forma de traballar? Presenta un relatorio, para máis información consulta a páxina de «call for papers» para ver máis detalles. A data límite é o 19 de maio.
Podes seguir a información na páxina específica do evento na web de KDE España
Este encontro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2019 da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments