- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca unha nova edición do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre
- O premio que vai xa pola súa VI edición ten unha contía económica de 1.500 euros
- Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira nalgunha das convocatorias do ano académico 2012-2013
- O prazo de presentación de candidaturas comeza hoxe e remata o 31 de outubro
Este premio, que vai pola súa VI edición, ten a súa orixe no ano 2007 da man da empresa galega Igalia, quen ao detectar unha importante carencia de profesionais cunha alta especialización neste área decidiu poñer o seu gran de area para reducir esa falla poñendo en marcha este premio. Dende o ano 2012 este premio é convocado e organizado pola Xunta de Galicia como parte do seu Plan de Acción en materia de Software Libre, para o que conta coa inestimable colaboración e apoio dos distintos axentes do ecosistema do software libre galego.
Publicado por mancomún
- Log in to post comments