Atención docente!

Cantos artigos da Wikipedia usaches nas túas clases?
Cantos artigos terán consultado os teus alumnos e alumnas?
Cantos artigos axudaches a elaborar?
Seguro que ti e o teu alumnado tedes empregado a Galipedia en moitísimas ocasións, mais, se cadra, aínda nunca destes o paso de participar activamente nela e colaborar na edición de artigos. Se cadra non sabes como facelo, non o ves doado ou, sinxelamente, nunca te puxeches a investigar, porque non hai tempo para todo!

Se é así… agora tes a oportunidade! O dia 28 de febreiro, GALPon, coa colaboración dos administradores da Galipedia, organiza a súa primeira editatón da Galipedia, na que poderemos aprender xuntos como participar na creación de artigos, asesorados por usuarios experimentados, ao tempo que axudamos a que medre o coñecemento dispoñible para todo o mundo, na nosa lingua.

O obradoiro ten tamén a intención de explorar as posibilidades de incorporar a documentación da Galipedia nas nosas aulas, polo que intercambiaremos ideas e experiencias que poidan darlle ao noso alumnado a oportunidade de ser non só usuarios, senón participantes activos e creadores do patrimonio cultural e libre da humanidade.

Achégate o 28 de Febreiro polos #SLAltamar en Vigo e participa na 1ª editatón da Galipedia organizada por Galpon, non fai falla experiencia!

O logotipo animado é obra de abnormaal