A nosa asociación sumouse á campaña promovida pola FSF co gallo do Día da Liberdade do Software nomeada PUBLIC MONEY — PUBLIC CODE, asumindo a súa carta aberta e figurando na súa páxina como «Supporting Organisation».
O noso compañeiro Odo (Andres Bott) replicou as viñetas de difusión da campaña ao galego e ao castelán. Estas «viñetas» podedes descargalas do Github de GALPon xunto coas fontes, etc., obviamente son libres (GPL).
Como ben sabedes, cada ano a FSF busca un «leit motiv» e desta volta corresponde esta campaña que pretende artellar unha vía para chegar á concienciación dos cidadáns e dos políticos sobre este (para nós) importante tema.
Na próxima xuntanza (o sábado 30 de setembro) decidiremos se facemos algún material promocional a fin de distribuílo na Librecon deste ano.
Deixámosvos aquí algúnhas das viñetas que agardamos difundade todo o que poidades (lembrade, tédelas no Github de GALPon, no cartafol «out».
- Log in to post comments