Estamos a artellar unha xuntanza o sábado día 20 (de agosto) no «chiringuito» do parque forestal de Beade (á beira da Universidade). Temos que conformarnos con facer unha churrascada no chiringuito ao non puider facer lume nas parrillas do parque, mais despois desprazaremonos (con sorpresa) para un punto do parque no que podermos facer o índio todo o que mellor saibamos ou poidamos.
A este encontro levaremos as camisolas que xa encargamos ao efecto (quedan unhas poucas para os "rezagados" mais non aseguramos que se poida escoller entre moitas tallas e a cor)
Os que queirades asistir só tendes que apuntarvos seguindo o fío da nosa lista, ou se non estades na lista, enviando un correo a info[en]galpon.org. Este próximo venres (12) confirmaremos coa xente do chiringuito cantos imos seren.
Mapa do chiringuito ou calclulo de ruta, só tendes que levar o marcador verde (a orixe) cara ao voso punto de partida
- Log in to post comments