Congreso esLibre 2022

banner_portada_2022_gl

Volve o Congreso esLibre e, nesta edición 2022, cunha edición de xeito presencial coa organización local de GALPon e AGASOL.

Logo GALPon     logo AGASOL

Desta volta as sesións serán en Vigo, en dúas localizacións moi próximas, O MARCO e o espazo MUTA, celebraranse durante o venres 24 e o sábado 25 de xuño.

O envío de propostas xa esta oficialmente aberto e podes atopar toda a información ao respecto nas respectivas páxinas nos idiomas aceptados nesta edición:

Anímate a participar!

Tes ata o 7 de maio para enviarnos as túas ideas.

 

O seguinte mapa amosa a información da localización de esLibre, así como outra información de interese das inmediacións:

Ver o mapa a pantalla completa

Información xeral:

Tendes información detallada na páxina de esLibre, accesíbel na parte superior da mesma, baixo os seguintes epígrafes:

  • Información práctica
  • Enviar propostas
  • Normas de asistencia
  • Código de conduta

Hai dispoñíbel tamén información de edicións anteriores, grupos vencellados ao SoftwareLibre e o Hardware aberto, así como acceso ás canles de comunicación de esLibre

 

"logotipo Xunta Galicia"

Este congreso forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2022 da Xunta de Galicia.