Miguel Angel Bouzada Fernández, Presidente do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, conforme ao Artigo 25 dos Estatutos desta Asociación, convoco a todos os socios a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o sábado 23 de febreiro de 2019, as 18:30 horas en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2017
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2018
Así mesmo, convoco na mesma data sábado 23 de febreiro de 2019, a Asemblea Xeral Extraordinaria as 19:30 en primeira convocatoria e as 20:00 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva por impago de cotas.
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a cota é por anos naturais).