GALPon MiniNo libera a alfa da nova versión .

Desta volta traballamos sobre Debian Wheezy, polo que creemos que esta versión debe ter unha longa vida. o que fai que teñamos moito interese en afinala con todo detalle.

Por favor, probádea e comentádenos as vosas opinións, que falta, que sobra, que creedes que se debe mellorar, etc.

As traducións de pt_BR específicas do minino aínda non foron integradas, mais xa se pode cambiar de idioma e usalo.

Hai un par de accesorios que creamos este fin de semana pasado, que tampouco foron integrados, así como os temas de fondo de pantalla, iconas do minino, etc... (a creadora da nova liña gráfica, aínda non concluíu o traballo), mais creemos que está nun punto no que xa poderedes facer moitas cousas.

Temos especial interese en coñecer calquera problema de hardware, gráficos, wifi, etc...


Para cualquera información http://minino.galpon.org

Por favor, utilizade a lista do grupo: http://groups.google.com/group/minino-distro

Para descargas: http://gruvi.galpon.org/minino/2011/alfa-minino2.0.iso