Introdución a edición de textos con LaTeX

O próximo obradoiro correspondente ao 3º ciclo dos Sábados Libres na Altamar terá lugar o vindeiro sábado 24 de outubro e, coma sempre, terá lugar na Residencia Xuvenil Altamar, desta volta vai de Edición de textos con LaTeX.

Este obradoiro de introdución a LaTeX estará dirixido por Miguel Cacho, usuario de LaTeX e profesor investigador na Universidade de Vigo.

Guión preliminar

  • Paquetes necesarios
  • Engadir ficheiros
  • Símbolos matemáticos
  • Cabeceira dun documento
  • Paquetes
  • Comezo do documento
  • Seccións
  • Formatado do texto
  • Táboas en Latex
  • Ligazóns
  • Incluir imaxes no documento
  • Compilar o documento e xerar o PDF

É aconsellábel que levedes xa instalado o editor LaTeX e algunha interface de usuario. A seguir indicamos algunhas páxinas nas que poderedes buscar información sobre a instalación.

Localización:

Premede na imaxe para ir ao mapa

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Coma sempre é necesario que vos apuntedes no correspondente formulario de inscrición.

Tamén podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»

Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.