Mapas libres na web a partires de 0

Creando e integrando un mapa dinámico (Slippy Map)

Unha vez máis, en GALPon estamos a artellar un obradoiro especializado dirixido, pero non de xeito excluínte, a desenvolvedores e editores web.

Cada vez máis é necesario integrar algún mapa na web, ven sexa algo simple como indicar unha localización/posición ou capas descritivas dunha actividade humana, meteorolóxica, xeográfica, etc...

O máis frecuente e recorrer ao mapa privativo de Google Maps co uso da súa API para integrar mapas nas publicacións.

A nosa intención e que os desenvolvedores e o público en xeral poidan dispoñer de habilidades que lles permita usar os recursos libres actualmente dispoñíbeis, maiormente baseados en Open Street Maps, pero non só.

Unha das mais empregadas pola súa sinxeleza é Leaflet. Leaflet converteuse nos últimos anos nunha das alternativas mais empregadas para crear mapas interactivos con JavaScript, a súa biblioteca é pequena polo que é recomendábel para aplicacións móbeis.

Leaflet, é un proxecto moi sólido que dispón dunha documentación moi completa, isto faino unha alternativa moi apreciada polos noveis, conta tamén cunha comunidade moi activa en internet, onde comparten información e exemplos.

Outra alternativa é OpenLayers3. OpenLayers é unha biblioteca JavaScript liberada baixo a licenza BSD para compor mapas dinámicos. Forma parte dos proxectos da Open Source Geospatial Foundation. Xunto con GeoExt é a combinación perfecta para crear unha aplicación «web mapping».

Lugar e data:

Os obradoiros desenvolveranse dende as 10:00 ata as 18:30 (coa correspondente pausa para xantar), nos locais de A Industriosa, na rúa Barcelona nº 13, 36203 Vigo, os días 22 de setembro e 13 de outubro, ámbolos dous días caen en sábado, como sempre o acceso será de balde con inscrición obrigatoria e ata o límite de prazas.

Inscricións:

Empregade esta páxina de inscricións a fin de reservar praza e escoller edición, o número de prazas por edición é de 20.

Nota: ámbalas dúas edicións serán iguais, facemos dúas só para dar cabida a máis asistentes.

Ir ao mapa a pantalla completa

Dirixirán o obradoiro:

Coa colaboración de:

Coa colaboración de:

Xeoinquedos

Logo xeoInquedos.png

A Industriosa

A-industriosa-300.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2018 da Xunta de Galicia.

 

NOTA FINAL:

Calquera consulta que teñades podédela dirixir a: xornadas@galpon.org

Como xeito inmediato para obter as novidades apuntate á nosa canle en Telegram (https://t.me/galpon), podes tamén seguirnos en twitter (@galpon) ou falar con nós na sala de GALPon en «matrix» #galpon:matrix.org (por exemplo empregando Riot)