O sábado 3 de outubro teremos unha nova edición da festa dos mapas (Mapping Party) de OpenStreetMap.
Esta edición contará con dúas actividades paralelas:
1. Unha de iniciación, ao igual que a pasada do 25/10/2013
Dirixirán o obradoiro:
- Micho García (@michogar)
- Francisco P. Sampayo (@fpsampayo)
Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos
O obradoiro organizase do seguinte xeito:
- 10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a cartografar».
- 11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
- 16:00 - 19:30 Traballo con computadores para enviar a información a OSM (explicarase como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, resolución de consultas, ...)
- 19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado.
Na medida do posíbel, os asistentes deberán levar, ademais do seu computador, calquera dos seguintes aparellos:
- GPS
- Móbil con GPS
- Recomendamos que no teléfono se instale a aplicación OSMTracker da que podedes ver a info necesaria no wiki de OpenStreetMaps
- Cámara de fotos (dixital)
En función do material deste tipo que poidamos xuntar organizaremos os equipos de traballo no campo.
2. Outra para a xente que xa asistiu a anterior na que haberá máis traballo de campo ou un afondamento técnico (isto dependerá da dispoñibilidade da persoa que se fará cargo)
Dirixido por:
- Rafael Avila Coya (@ravilacoya)
Opcións:
- Como colaborar co «Humanitarian OpenStreetMap Team» (HOT)
- http://mappinggis.com/2013/06/como-crear-un-mapa-con-leaflet
- http://umap.openstreetmap.fr/es/
Localización:
Premede na imaxe para ir ao mapa
Nota: O computador poderedes deixalo custodiado baixo chave na Residencia Altamar, así non teredes que cargar con el.
Coma sempre é necesario que vos apuntedes no correspondente formulario de inscrición.
Tamén podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments