Preparando as novidades de MiniNo e PicarOS para o 2016

Levamos un tempo cun traballo arreo para ter preparadas para o ano que ven as novas versións das nosas distribucións.

Salvado xa primeiro reto de subir a versión base de Debian de «wheezy» cara «jessie» mantendo o «sysvinit» no canto de «systemd» temos dispoñíbeis xa as primeiras versións de proba (alfa) de ámbalas dúas.

Respecto a MiniNo, podedes descargala de http://minino.galpon.org/public/MiniNo/Queiles/minino_queiles-3.0-alfa2.iso, a suma de comprobación tédela en http://minino.galpon.org/public/MiniNo/Queiles/minino_queiles-3.0-alfa2.md5. Agradecémosvos que deixedes as vosas opinións no noso foro http://minino.galpon.org/es/forums/queiles.

Para PicarOS temos dispoñíbel a versión para tabletas x86 en http://minino.galpon.org/public/PicarOS/TEST/picaros-4t.iso. Agradecémosvos que deixedes as vosas opinións no noso foro http://minino.galpon.org/es/forums/picaros-para-tabletas-x86, temos especial interese en que se o probades noutra tableta deixedes indicado en cal.

Déixovos aquí un vídeo «demo» da PicarOS nunha tableta ACER P3 cun procesador i3.