Publicación da final da minino ártabros 2.1

Etiquetas

Tralas probas da RC feitas por vós, congratulámonos de poder publicar as 2 versións da nova minino ártabros 2.1. Podedes ver as diferenzas entre as 2 nesta páxina e descargalas nesta outra.

Aproveitando o tempo, mentres probabades a RC, fixemos algún que outro axuste e agora podemos presumir de que xa só necesita 53 MB de RAM se só accedemos ao escritorio (X cargadas). Como este é un dato pouco significativo, cargamos Midori e puxémolo a reproducir un vídeo de 48 minutos de Youtube (ver a imaxe anexa) e o seu consumo elevouse ata os 164 MB, dos que 135,5 eran do propio Midori e 12,5 MB do xestor de tarefas (lxtask).

 

Adiantámosvos que xa estamos a facer probas para a futura minino 3.0 baseada en Debian Jessie e que estamos moi satisfeitos do obtido ata o de agora. Agardamos poder publicar a primeira beta durante o mes de novembro.

Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.