Sábados Libres na Altamar ─ Bash scripting III

Rematado xa o tempo de lecer do verán, presentamos o obradoiro para o o próximo sábado 27 setembro

Realización de interfaces gráficas con Zenity e Yad (Gtk) e KDE Dialogs.

Procesos de internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes.
Ou o que é o mesmo: Como facer que os nosos scripts poidan ser traducidos a diferentes idiomas en función da variable $LANG.


Este obradoiro vai seren dirixido por Miguel Anxo Bouzada, desenvolvedor e coordinador das distros GALPon MiniNo e MiniNo PicarOS.

Contidos

Presentaranse algúns casos prácticos, de mais sinxelo a máis complexo, para que os asistentes realicen a programación correspondente a cada caso.

Esta vai seren unha sesión eminentemente práctica na que os asistentes desenvolverán as seguintes propostas:

Creación de interfaces gráficas

  • Creación dunha mensaxe | Aviso | información, en forma de xanela.
  • Creación dunha xanela de entrada de datos por teclado
  • Creación dunha xanela de selección:
    • Lista
    • Radius
    • Combobox
  • Creación dunha xanela con múltiplas opcións de entrada

Internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes

  • Método mínimo para poucas cadeas mediante emprego dun case.
  • Aplicación dun procedemento estándar (xeración dun ficheiro patrón de traducións .pot) empregando gettext.

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Inscricións:
Aínda que a asistencia é de balde, a fin de poder respectar a capacidade máxima do espazo e prever os medios técnicos, é OBRIGATORIO inscribirse no correspondente formulario

Podedes seguir a evolución no «evento» no G+

Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Esta actividade, así como o ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.