Tratamento dixital de imaxes en entornos libres

O próximo obradoiro correspondente ao 3º ciclo dos Sábados Libres na Altamar terá lugar o vindeiro sábado 27 de xuño e, coma sempre, terá lugar na Residencia Xuvenil Altamar, desta volta vai de procesado de imaxes con ferramentas libres. Estará a cargo de Andres Bott fotógrafo profesional, usuario de Software Libre e socio de GALPon.

Contidos: Faremos todo o proceso de elaboración dun cartel a partires dunha foto ata o cartel final en Inkscape.

  • Nocións básicas de Gimp
    • Organización da xanela (xanela única)
    • Abrir ou crear
      • Espacio de traballo
      • Medidas → píxel vs ppp, PS error
      • Gardar e exportar
  • Ufraw (unha vista leve)
    • Balance de brancos, exposición, temperatura, ton, selector de punto neutro
    • Exif
  • Gimp   
    • Capas
    • Transparencia
    • Selección
    • Máscara
      • Máscara a selección e selección a mascara
    • Combinar capas
    • Endereitado, recorte e escalado (da foto)
    • Colorear: (menú colorear, para ver ton, saturación e luminosidade)
    • Niveis
    • Curvas
    • Filtros, p. ex. desenfoque (blur), pixelar
  • Inkscape
    • Nocións básicas
      • Abrir ou crear, importar, espacio de traballo (72ppp como predeterminado)
      • Gardar e exportar
    • Capas (Ctrl + Maiús + L)
    • Obxectos vs trazo
    • Trazo e recheo (cor + grosor)
    • Crear, editar, combinar trazos
    • Engadir puntos, eliminar puntos, crear unha curva,
    • Aliñamento
    • Engadir texto
    • Truco de capa de exportado

Localización:

Premede na imaxe para ir ao mapa

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Coma sempre é necesario que vos apuntedes no correspondente formulario de inscrición.

Tamén podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»

Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.