Volven as xuntanzas mensuais de GALPon

Pasado o tempo das vacacións toca volver vernos e seguir planificando cousas e revisando as feitas.

Como sempre será cada último sábado de mes e a hora ás 18:30 para os membros da Xunta directiva e as 19:30 para o resto da xente. Lembrade que, quen sendo socio queira asistir desde primeira hora e seguir os debates da Xunta directiva, pode facelo.

Para a xuntanza xeral, a partires das 19:30, estades convidados todos, socios, non socios, curiosos ou visitantes seredes ben recibidos.

Agardámosvos no Carballo 3, Avda. da Florida 7, 36210 Vigo (tamén ten entrada por Avda. de Fragoso)

Ir ao mapa a pantalla completa