Software Libre

IV Noite Drupal & GNU/Linux

É un pracer confirmar a celebración da “IV Noite Drupal & GNU/Linux” que se desenvolverá no local da Asociación Cultural Ociorum na Coruña o vindeiro 24 de marzo de 2012.

Nesta cuarta edición decidimos ampliar e flexibilizar os horarios así como “abrir” o evento a tódolos niveis e persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre. Coa colaboración de GALPon (Pontevedra), Asociación Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e Asociación Ociorum (Coruña) estamos a crear un grupo de usuarios galegos de Drupal.

As #noitedl xurden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta dos citados GUL e asociacións. En Xullo de 2011 baixamos a Vigo e en decembro xunto aos nosos amigos de Inestable Drupaleamos en Ordes. 
 

Inscrición

  • A inscrición ao evento é libre e de bade. Por motivos organizativos debes inscribirte no seguinte formulario. [Inscribirse]

Obxectivos

  • Crear un espazo dinámico de referencia de innovación,dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
  • Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
  • Crear un colectivo ou "comunidade" itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.

Conferencia de Miriam Ruíz: Mulleres no Software Libre

Mercores 19 de outubro as 15:30

Salon de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  Universidade de Vigo
  Lagoas, Marcosende

Miriam Ruíz:
Enxeñeira española, e Desenvolvedora de Debian, unha distribución de Linux. Segundo indica

«Estou moi implicada no empaquetamento de xogos, así como no proxecto Debian Women. Tamén estou involucrada na «netesfera» feminista, en grupos como LinuxChix, Ubuntu-Women, WikiChix, ChicasLinux, Indymedia Women ou Systers, pero realmente non fago moitas cousas neles, fundamentalmente porque non teño tempo para estar tan activa en todas partes. De calquera xeito apóioas totalmente.»