Vostede está aquí

Debian

Publicación versión final de MiniNo 3.0 «Queiles»

Etiquetas: 

Tralas vacacións de verán (que aproveitamos para traballar nisto) anunciamos a publicación das versións finais de MiniNo como sempre baseada en Debian e neste caso na versión Jessie. Como xa vimos indicando nas publicacións previas, a versión é a 3.0 á que lle demos o nome de Queiles.

Desta versión fixemos d´uas variantes, a tradicional de 32 bits, neste caso xa só co núcleo 686-pae e máis unha versión experimental co kernel de 64 bits de liquorix (o S.O. segue a ser de 32 bits).

Para ambas versións fixemos os seguintes cambios:

Tras xurdir unha serie de problemas na ferramenta que usabamos para compilar a ISO (procedente de remastersys) pola súa incompatibilidade co  novo núcleo, vímonos obrigados a recorrer ás ferramentas de Refracta. Isto implicou modificalo para axustalo ás nosas necesidades e a reescribir o noso instalador e modificar os de refracta.

Publicación da final da minino ártabros 2.1

Tralas probas da RC feitas por vós, congratulámonos de poder publicar as 2 versións da nova minino ártabros 2.1. Podedes ver as diferenzas entre as 2 nesta páxina e descargalas nesta outra.

Conferencia de Miriam Ruíz: Mulleres no Software Libre

Mercores 19 de outubro as 15:30

Salon de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  Universidade de Vigo
  Lagoas, Marcosende

Miriam Ruíz:
Enxeñeira española, e Desenvolvedora de Debian, unha distribución de Linux. Segundo indica

«Estou moi implicada no empaquetamento de xogos, así como no proxecto Debian Women. Tamén estou involucrada na «netesfera» feminista, en grupos como LinuxChix, Ubuntu-Women, WikiChix, ChicasLinux, Indymedia Women ou Systers, pero realmente non fago moitas cousas neles, fundamentalmente porque non teño tempo para estar tan activa en todas partes. De calquera xeito apóioas totalmente.»

GALPon MiniNo na semana do SwL en Tudela (Navarra)

O próximo día 12 de novembro, GALPon MiniNo vai ser presentado en sociedade en Tudela (Navarra) da man da Fundación Dédalo no decurso da «V Semana de Software Libre».

Presentación da versión final de GALPon MiniNo Alguadaira

O próximo día 18, coincidindo coa celebración do Día da libertade do software e no marco do Kernel 2010 que organiza a Asociación Cultural «Comunidade O Zulo» O equipo de desenvolvemento de GALPon MiniNo do Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon), presentaremos oficialmente a nova versión na que estivemos traballand

Publicada a versión candidata (RC) de GALPon MiniNo Alguadaira

Xa temos dispoñible a versión candidada (RC) da nosa distro GALPon Minino Alguadaira (1.2). Ao xa comentado cando anunciamos a publicación da beta, engadimos algunhas melloras e/ou funcionalidades.

A imaxe .iso agora é unha imaxe hí­brida, o que permite facer un USB Vivo (live) directamente, exactamente igual que se fose unha imaxe .img

O GRUVI comezou a entrega de equipos deste curso

Como xa ven sendo habitual ó remate de cada curso, ainda que este con certo retraso, o comezou o xoves pasado a entrega de equipos reciclados.

GALPon MiniNo en Youtube

Etiquetas: 

Unha entrevista realizada na recente OSWC (Conferencia Internacional de Sofftware Libre) en Málaga co gallo da presentación a nivel estatal da versión 1.1 a.k.a. Málaga da MiniNo.

Ligazón á entrevista en Youtube

O navegador "Arora" xa en galego e para Debian

Etiquetas: 

Grazas ó traballo do Equipo de GALPon MiniNo xa temos dispoñible en galego o navegador web Arora na súa versión 0.4 e incluido (dende onte) o ficheiro gl.ts no git do proxecto.

Si alguén quere ou precisa del está tamén dispoñible en: http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/traduccions/arora/git-20080907/ incluido o binario gl.qm

Novidades en GALPon MiniNo

Etiquetas: 

Xa está dispoñible a derradeira versión de GALPon MiniNo, na que ademáis de correxir erros incorporanse importantes novidades.

    Instalador desde o arranque vivo e desde o propio GRUB para aquelas máquinas que non soporten o modo vivo

    Opcións de arranque de compromiso para máquinas con conflitos na gráfica

    Fondos de pantalla realizados por "Odo" mellorados

Páxinas

Subscribirse a RSS - Debian