1ª xornada dos «Sábados Libres na Altamar»

 

Maio, sábado 25

 

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
  • Arduino 1 - Programación de Arduino

Detalle da programación:
  1. Charla/presentación da plataforma de hardware libre Arduino.
  2. Iniciación ao entorno de programación «procesing».
  3. Realización dos distintos exemplos dispoñíbeis na páxina de Arduino.
    • Escritura nunha saída dixital (acender un led)
    • Lectura nunha entrada dixital (probas cun pulsador)
    • Lectura de valores analóxicos (sensor de temperatura lm133)
    • Escritura PWM nunha saída dixital (facer soar un zumbador)
  4. Tutorial das diferentes «shields» que existen para Arduino.
  5. Exemplos de proxectos que se apoyan nesta plataforma.
    • Proxecto RepRap
    • PrintBot
    • QuadCopters.
    • Openpipi
    • Micro satelites.
    • Opendomo / CanBus
    • Lottie Lemon
  6. Integración con outras plataformas
    • Android
    • Raspberry

O obradoiro estará dirixido por Guillermo Cordeiro, socio de GALPon e técnico de sistemas.

Nota. Non estaría de máis que vos apuntaradaes na páxina do evento en G+ https://plus.google.com/events/cfj0q7nj8urd6538ot48gj4ra10

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.