As Xornadas «Scratch + Arduino» é un encontro anual de 2 días que organiza o Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon) en colaboración coa Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), nun esforzo de difundir o uso do Software e o Hardware Libre no ensino.
Durante as Xornadas «Scratch + Arduino», ofreceranse charlas, obradoiros, táboas redondas, exposición de proxectos persoais e/ou de aula, e sobre todo, un lugar de encontro para profesionais do ensino e afeccionados ao mundo da programación e a electrónica.
Estas Xornadas terán continuidade no mes de maio coa celebración dun «Scratch Day» ou «Día do Scratch», que é unha actividade que se realiza simultaneamente en cidades de todo o mundo e que ten como obxectivo compartir proxectos e experiencias desenvolvidas con Scratch.
Máis info en: http://galiciascratch.blogspot.com.es/