En GALPon temos posta toda a nosa ilusión nesta nova xornada dos nosos Sábados Libres a celebrar o vindeiro 28 de febreiro.
Podedes ver todos os detalles en:
- Páxina da Editatón na Galipedia
- Programa no wiki de GALPon
- Info en es:Wikipedia sobre que é e como se desenvolve un editatón
Quixeramos salientar que, aínda que un dos principais obxectivos que nos temos proposto, é a creación e mellora de artigos relacionados coas tecnoloxías e a cultura libres, tampouco ímos deixar fora outras posibilidades. Temos moito interese na colaboración da xente do ensino para que aporte a creación de materiais que poidan ter uso nas aulas, ou calquera outra xanela aberta cara o coñecemento.
Propostas de artigos a mellorar
- Software libre
- Open Street Map
- Arduino
- Inkscape
- GIMP
- Creative Commons
- Copyleft
- Chamilo
- MySQL
- Proxecto GNU
- GNU (sistema operativo)
Propostas de creación de artigos
- Software privativo
- Copiade, malditos!
- MOOC
- Cultura libre
- Datos abertos
- Licenzas Creative Commons
- Hardware libre
- Arquitectura aberta
- Bitcoin
- Educación aberta
- Impresora 3D
Premede na imaxe para ir ao mapa
Coma sempre é necesario que vos aountedes no correspondente formulario de inscrición.
Tamén podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado (en fase de propostas) coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no (futuro) Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Cartel realizado por Andres Bott para GALPon (licencia CC By-SA)
- Log in to post comments