O proximo sábado 29 seguimos co 2º Ciclo dos Sábados Libres na Altamar. Nesta xornada desenvolverase o segundo obradoiro práctico sobre o Sistema de Control de Versións GIT que novamente vai seren dirixido por Jesus Amieiro Becerra.
Resumo do contido:
- Revisión rápida dos conceptos do 1º obradoiro.
- Colaborando nun servidor remoto: remote, fetch, push, pull.
- BitBucket.
- Crear unha conta.
- Colaborando no servidor remoto.
- Fluxos de traballo en Git.
- Exercicio por parellas.
- Alias de ordes.
- Interfaces gráficas.
- Depurando con Git.
Para este obradoiro é necesario que levedes instalado Git, tal e como se explicou no obradorio anterior, e un navegador actualizado (Mozilla Firefox, Chrome, Chromium,...) para poder crear a conta e interactuar con BitBucket no exercicio por parellas.
Tamén se vos pedirá que levedes unha interface gráfica instalada, que se vos comunicará uns días antes do obradoiro.
Para as prácticas deste obradoiro contamos coa colaboración de BitBucket
- Límite de inscricións
- Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo obrigatorio cubrir o formulario de inscricións.
Podedes ver máis detalles no noso wiki
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
- Log in to post comments