3º Obradoiro dos sábados libres na Altamar - Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres

Por mor das datas festivas de semana santa, co engadido de seren o mesmo 28 de marzo festa en Vigo, pola celebración do Día da Reconquista, vémonos na obriga de desprazar esta xornada para o sábado 11 de abril.

Este obradoiro dividirase en dous bloques (un de mañá e outro de tarde) e, coma sempre, vai ser unha xornada práctica.

Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG

Dirixido por Julio J. Herrero Arias (aka julher).

Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres

Dirixido por Chema Casanova (@txenoo), socio de Igalia asesor de tecnoloxías libres para a administración pública.

Contidos

Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG

  • Creación das chaves pública e privada
  • Envío a depósitos de chaves
  • Cifrado dun texto
  • Descifrado dun texto
  • Uso en entornos webmail
  • Uso con xestores de correo

Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres

  • Certificados Dixitais Persoais: FNMT e DNI electrónico.
  • Fundamento da sinatura electrónica e dos certificados dixitais.
  • Asinando documentos en GNU/Linux: @firma, ecofirma, etc...
  • O reto de acceder á administración electrónica con Software Libre.
  • DNI electrónico e software libre, como configuralo.

Aviso: Se alguén quere probar o seu DNI electrónico é importante que teña un certificado en vigor, a pesares de que o DNI ten validez de 5 ou 10 anos. O certificado instalado no chip caduca pasados 30 meses dende a última renovación. Polo que se temos o DNIe activado, pero nos caducou o certificado, é preciso acudir a unha comisaría de policía a renovalo nas máquinas que teñen a disposición da cidadanía nas oficina de renovación do DNI. Non é preciso facer cola para este trámite.

Info adicional: Portal Oficial sobre el DNI electrónico. Proceso de Expedición

Premede na imaxe para ir ao mapa

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Coma sempre é necesario que vos apuntedes no correspondente formulario de inscrición.

Tamén podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»

Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado (en fase de propostas) coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no (futuro) Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.