O seguinte obradoiro deste 3º ciclo terá lugar na Residencia Altamar o sábado 25 de abril.
Este obradoiro, que coma sempre vai ser enminentemente práctico, estará dirixido por Alberto Permuy, responsábel técnico de //Codery e membro de O Zulo, vai dirixido a quen:
- Teña na súa organización, empresa, escola, etc. un sitio web sobre Drupal e queira aprender a administralo.
- Estea interesado en aprender a instalar e deseñar servicios sobre Drupal e antes queira coñecer en detalle que posibilidades lle ofrece.
- Sexa un curioso da tecnoloxía e queira coñecer mellor este CMS.
Como estrutura xeral do obradoiro, o director do mesmo proponnos facer un traballo tipo FAQ
Administración práctica Drupal
- A interface administrativa de Drupal
- Xestión de módulos
- Xestión de temas
Xestión contidos (nodos e entidades)
- Cando e para que empregar unha «Páxina estática», un «Artigo de nova», etc...
- Como ligar nodos, unha práctica sobre unha proposta de «menús de restaurante», feita por un inscrito
- Como crear táboas
- Como crear enquisas
- Como crear formularios
- Como engadir imaxes, caso práctico dun PDF con visor integrado
- Como crear blogs personalizados sobre o mesmo Drupal dentro do mesmo dominio
- Control do «spam», limpeza
Xestión de usuarios
- Como engadir un usuario con permiso de «Editor»
- Como crear distintos roles de «Editor»
Traballaremos sobre instancias individualizadas dun mesmo Drupal e, xa na tarde, traballaremos sobre outra instalación de Drupal, que quedará dispoñíbel para os asistentes durante un mes para que poidades facer as vosas prácticas.
Programa:
XORNADA DE MAÑÁ: de 10 a 14 (cunha parada sobre as 12 para botar un café con melindres)
XORNADA DE TARDE: de 16 a 18:30 (Pode alongarse un chisco máis en función do desenvolvemento)
Premede na imaxe para ir ao mapa
Coma sempre é necesario que vos apuntedes no correspondente formulario de inscrición.
Tamén podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»
Asociación Xuvenil Altamar e O Zulo
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado (en fase de propostas) coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no (futuro) Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments