Como comentamos no artigo anterior sobre a programación para o ano 2024, nos vindeiros meses de marzo e abril imos facer 4 obradoiros técnicos.
- Venres 8 de marzo
- Sistemas de autenticación con segundo factor (A2F) mediante chave USB
- Rexistro: https://mobilizon.fr/events/ef9ec972-56d3-4227-982a-d9b85150e2f3
- Venres 15 de marzo
- Software libre para fotógrafos, uso básico de darktable
- Rexistro: https://mobilizon.fr/events/f47505e5-c055-419d-9c5d-7c601982bcb5
- Venres
12 de abril - Esta xornada aprázase ao venres 26 de abril
- Software libre para radioafeccionados
- Rexistro: https://mobilizon.fr/events/0e39d53f-b800-4374-892f-b299f5a4896f
- Venres 19 de abril
- Introdución ao uso de nftables para construír devasas personalizadas.
- Rexistro: https://mobilizon.fr/events/feafca59-e14c-41b8-8cf8-0d5f4a33531d
Estes obradoiros faranse as 7 da tarde (19:00) nas instalacións de «A Industriosa» na rúa Gregorio Espino 38, entresollado 3 (36205 Vigo).
Podedes ver un mapa na web da Industriosa
Para ver os detalles de cada obradoiro, podedes acceder ao artigo ligado ao principio desta nova sobre a programación para o ano 2024
Para poder participar, debedes inscribirvos na plataforma Mobilizon, na ligazón que acompaña cada título de evento.
- Nota: lembrar que a plataforma Mobilizon é software libre, neste caso aloxada por Framasoft, ao contrario que Meetup non fai rastrexos nin garda ningunha información de uso por parte dos usuarios.
Aconsellámosvos que acudades provistos dun PC (ou semellante) preferentemente provisto dun S.O. libre. Para o obradoiro do 6 de marzo, nós disporemos de algúns USB (con conectador A e C) para que poidades facer as prácticas (se é que vós non dispoñedes dun).
Patrocina:
Coa colaboración de:
- Log in to post comments