MiniNo e PícarOS na xornada LibreTeo

O 30 de abril o Concello de Teo vai celebrar LibreTeo.

Un evento centrado na liberdade das persoas e o tremendo potencial que ten a xente cando colabora en proxectos libres. Con propostas e referencias nos sectores do software, a cultura e o coñecemento. Todas as charlas e obradoiros están dirixidos a todos os públicos, cunha linguaxe sinxela e sen tecnicismos. :-)

Nós estaremos presentes de 17:20 a 18:00, falando de «Distribucións de Linux lixeiras e para cativos»