Publicado o programa do Akademy-es 2019

Como xa adiantamos o pasado mes de abril, O Akademy-es celebrase este ano en Vigo, participando nós na súa organización.

No día de hoxe conseguimos pechar a programación e publicámola na páxina oficial de KDE-España onde podedes consultala. Durante os tres días realizaranse 18 relatorios e, polo momento, 2 relatorios relampo. Compre salientar a participación de catro mulleres, dúas delas galegas, con temas de máxima actualidade:

Periciais e o software librePilar Vila, CEO e cofundadora de Forensic & Security e de Developers Forensics Tools

O Mordor da CiberseguridadeBelén Pérez, enxeñeira de redes e ciberseguridade de Balidea e coordinadora para Galicia do Centro de Ciberseguridade Industrial

Introducción ao hardening de Linux  Paula de la Hoz, analista de ciberseguridade

e Desenvolvemento de aplicativos móbiles con Expo e React Native Anggella Fortunato, programadora en Codeko, Granada

O sábado ás 13:30, os asistentes que o desexen poderán participar nunha visita guiada polo edificio, antiga prisión e un dos poucos exemplos de arquitectura panóptica que existen en España e ás 19,50 terá lugar a asemblea xeneral de socios de KDE (só para socios). Este mesmo sábado terá lugar a cea en comunidade.

Aínda que o acceso é libre (agás a excepción da asemblea) recomendámosvos que vos rexistredes a fin de facilitarnos o traballo de administración do evento.

                 "logo KDE"               "logo GALPon"

 

               

 

Este encontro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2019 da Xunta de Galicia.