Finou o creador do «Proxecto Gutemberg»
Para os que non saben quen é Michael S. Hart diríalles que é unha das poucas persoas que entendeu o valor dos eBooks como un elemento democratizador da cultura e que traballou para que todos poidamos ter ao noso alcance a maior cantidade de libros posíbeis apenas caducaran os dereitos de autoría que seguen estendéndose como un polbo con esteroides… e petou.
Para os que non coñecen o Proxecto Gutenberg é basicamente un esforzo de voluntarios que doan ou escanean libros para crear un arquivo cultural que serva para distribuir a maior cantidade posíbel de libros electrónicos na maior cantidade de formatos posíbeis ata ten unha sección en galego onde hai marabillas como (unha das últimas incorporacións) o Catecismo d'a Doutrina Labrega :)
Unha mágoa perder a alguén que fixo tanto por democratizar a cultura… e que tivo tantas batallas en fin, paga a pena botarlle un ollo ao obituario
- Read more about Finou o creador do «Proxecto Gutemberg»
- Log in to post comments