coñecemento libre

4ª Xornada dos Sábados Libres na Altamar

 
Arduino Connect
  • Obradoiro práctico para a conexión da plataforma Arduino a diferentes tipos de rede: Bus-Can, Bluetooth, Ethernet, Wifi, ...
Detalle da programación:
  • Presentación
    • Unha pequena charla para falar dos diferentes métodos de conexión que se usaran na xornada:
      • Serial (USB).
      • I2C.
      • GSM.
      • Bluetooth.
      • Ethernet.
      • RFID.
  • Obradoiro
    • Crearanse grupos para traballar nos diferentes métodos de conexión. Para facer o máis amena posible a xornada tentarase que cada grupo chegue a traballar coas 6 conexións.

Evento en G+

É obrigatrio rexistrarse na Folla de inscricións

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Finou o creador do «Proxecto Gutemberg»

Michael Hart and Gregory Newby at HOPE ConferencePara os que non saben quen é Michael S. Hart diríalles que é unha das poucas persoas que entendeu o valor dos eBooks como un elemento democratizador da cultura e que traballou para que todos poidamos ter ao noso alcance a maior cantidade de libros posíbeis apenas caducaran os dereitos de autoría que seguen estendéndose como un polbo con esteroides… e petou.

Para os que non coñecen o Proxecto Gutenberg é basicamente un esforzo de voluntarios que doan ou escanean libros para crear un arquivo cultural que serva para distribuir a maior cantidade posíbel de libros electrónicos na maior cantidade de formatos posíbeis ata ten unha sección en galego onde hai marabillas como (unha das últimas incorporacións) o Catecismo d'a Doutrina Labrega :)

Unha mágoa perder a alguén que fixo tanto por democratizar a cultura… e que tivo tantas batallas en fin, paga a pena botarlle un ollo ao obituario

Conferencia de Miriam Ruíz: Mulleres no Software Libre

Mercores 19 de outubro as 15:30

Salon de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  Universidade de Vigo
  Lagoas, Marcosende

Miriam Ruíz:
Enxeñeira española, e Desenvolvedora de Debian, unha distribución de Linux. Segundo indica

«Estou moi implicada no empaquetamento de xogos, así como no proxecto Debian Women. Tamén estou involucrada na «netesfera» feminista, en grupos como LinuxChix, Ubuntu-Women, WikiChix, ChicasLinux, Indymedia Women ou Systers, pero realmente non fago moitas cousas neles, fundamentalmente porque non teño tempo para estar tan activa en todas partes. De calquera xeito apóioas totalmente.»