Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

e tamén no fediverso, en Mastodon @galpon@mastodon.gal

e en Pixelfed @galpon@pixelfed.social

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Segue as nosas actividades apuntandote ao noso grupo de eventos en https://mobilizon.fr/@obradoiros_galpon

I Xornada «abeancos.gal»

Os días 8 e 9 de xullo, terá lugar en Melide a I Xornada «abeancos.gal».

O proxecto «abeancos.gal» nace no ano 2016 a partir dunha réplica doproxecto «aculturadaauga.org», creado pola Comunidade O Zulo de Mugardos. Neste caso, o obxectivo foi crear un catálogo dixital e aberto de elementos patrimoniais localizados na área da Comarca da Terra de Melide.

Despois de máis dun ano de traballo, e grazas ao esforzo dos voluntarios e do equipo de traballo liderado por MeLiSA e o Museo da Terra de Melide, poden consultarse os datos de preto de 100 elementos, cifra que se alcanzará nos próximos días.

Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo II

Tal e como comentabamos hai uns días que íamos facer, os pasados 22 e 23 (luns e martes) de maio estivemos no IES Alexandre Bóveda de Coia, no IES do Castro de Vigo e no IES A Guía de Teis

A temática das charlas foi sobre OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, coñeceran de primeira man as vantaxes da información xeográfica e o proxecto OpenStreetMap, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.

Salientar o «alborozo» que se sentiu no Salón de Actos do IES O Castro, cando procedemos a cartografar o seu «Ombú centenario» (Ver tamén).

Canles de GALPon en Telegram

A fin de ir poñendonos ao tanto nisto das RRSS abrimos tres canles de GALPon en Telegram.

Lembrade que as canles de Telegram son, só, fontes de información, non son grupos de conversa, xa que só poden publicar cousas os Administradores. En resumo, son canles pasivos para todos vos.

Podedes darvos de  alta e de baixa cando queirades.

Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

Coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos) os próximos luns e martes, 22 e 23 de maio, realizaremos unhas charlas/obradoiro en tres institutos de Vigo.

  • Luns 22
  • Martes 23
    • Pola mañá estaremos no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

A temática das charlas vai ser OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, coñeceran de primeira man as vantaxes da información xeográfica e o proxecto OpenStreetMap, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.